mércores, 5 de novembro de 2014
luns, 3 de novembro de 2014
O vindeiro Mércores 12 de Novembro, coincidindo co
último día de festas,
a Escola celebra o magosto de San Martiño. Temos música,
actividades
e concursos con premios a
partires das 17:30h e despois
merendaremos unhas castañas asadas. Colaborade traendo unha poucas (+- 400gr).
As
clases anúlanse para ese día.
2 clases gratis...! os venres de 16h a 17h para que comprobes si che gustaría formar parte deste peculiar coroshow.
Si queres saber en que consiste a actividade podes pinchar -SUMMUS LAC- na pestana superior "ENLACES" . Summus Lac é un Coroshow de Vigo de caractrísticas similares ás de Cholas P. conducido polos mesmos profesores Miriam Rodriguez e Chucho Uribe.
ANIMATE E VEN...!
martes, 28 de outubro de 2014
VENRES 31 OUTUBRO NON HAI CLASE
31 DE OUTUBRO.... DIA DO SAMAÍN...!
é día non lectivo, establecido pola Xunta para os centros de ensino da Comunidade Autónoma.
luns, 13 de outubro de 2014
AÍNDA QUEDAN PRAZAS en....
AÍNDA QUEDAN PRAZAS en CHOLAS PAPER, PEQUEDANCE e GRUPOP...! no perdas a oportunidade de cursar un obradorio musical na EMMM...!
mércores, 24 de setembro de 2014
luns, 22 de setembro de 2014
mércores, 17 de setembro de 2014
SORTEO DE PRAZAS
RESULTADO DO SORTEO DAS PRAZAS DE NOVO
INGRESO
Diríxete a pestana superior "NOVO INGRESO 14-15"
e preme nas imaxes do texto para consultar o
resultado.
DOCUMENTACION:
Si obtivo praza deberá presentar no Centro en horario
de 17:30h a 20:30h no prazo de 2 días hábiles
o DNI orixinal ( ou Libro de Familia) do
interesado, o Volante de empadroamento.
luns, 23 de xuño de 2014
ABERTO PRAZO INSCRIPCIÓN
XA ESTA ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA DE NOVO INGRESO NA EMMM.
do 24 de Xuño ó 12 de Setembro recolleranse no Concello de 08:30h a 13:30h de Luns a Venres as solicitudes de praza para cursar estudos musicais. O sorteo realizarase o 17 de Setembro ás 20h na Escola de Música. Os empadroados en Moaña terán preferencia.
Xa se coñecen as prazas ofertadas que serán:
20 prazas para Iniciación Musical (alumnos nados entre o 2011 e 2007)
7 prazas para Formación Instrumental (alumnos nados entre 2006 e 1998)
6 prazas para Formación Instrumental adultos ( alumnos nados no 1997 ou anteriores)
6 prazas para CURSO anual de MUSICA ACTIVA (alumnos nados entre o 2006 e 2004)
14 prazas para CURSOS anuais en CORO, COMBO, BANDA para alumnos con experiencia nun instrumento (nados no 2003 e anteriores)
Xa se coñecen as prazas ofertadas que serán:
20 prazas para Iniciación Musical (alumnos nados entre o 2011 e 2007)
7 prazas para Formación Instrumental (alumnos nados entre 2006 e 1998)
6 prazas para Formación Instrumental adultos ( alumnos nados no 1997 ou anteriores)
6 prazas para CURSO anual de MUSICA ACTIVA (alumnos nados entre o 2006 e 2004)
14 prazas para CURSOS anuais en CORO, COMBO, BANDA para alumnos con experiencia nun instrumento (nados no 2003 e anteriores)
MAIS INFO sobre horarios, prezos e prazas pormenorizadas NA PESTANA superior "NOVO INGRESO"
mércores, 18 de xuño de 2014
FESTIVAL XV ANIVERSARIO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
FESTIVAL XV ANIVERSARIO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE MOAÑA
O vindeiro Venres 20 de Xuño na CASA DA MÚSICA de San Martiño e a súa Carballeira a Escola de Música entra en escena con todo o seu arsenal musical. Este ano celébrase o XV Aniversario da Escola como institución dende que, no ano 1999 dotárase dunha sede permanente e dun proxecto educativo. Son 15 anos de intenso traballo en beneficio da educación musical e cultural no Concello que obtén xa nos primeiros anos un resultado visible e que basea a súa actividade na formación práctica. A escola leva celebradas nestes 15 cursos un total de
218 Audicións de alumnos/as
52 Festivais e concertos
218 Audicións de alumnos/as
52 Festivais e concertos
6 Encontros con
outras escolas
3 Concentracións Musicais de fin de semana
9 Concertos didácticos masivos a escolares
44 Cursos e obradoiros
3 Concentracións Musicais de fin de semana
9 Concertos didácticos masivos a escolares
44 Cursos e obradoiros
nas que a totalidade do alumnado participa activamente
Este Festival non é menos e actuarán ó longo das 4h de duración uns 220 nen@s, moz@s e adult@s dos diferentes grupos da Escola e dos Obradoiros Musicais. O programa queda como segue:
luns, 2 de xuño de 2014
XA están en marcha as AUDICIÓNS DO 3º TRIMESTRE da ESCOLA MUNICIPAL. As alumnas e alumnos do centro protagonizan os recitais de final de curso nunhas semanas repletas de eventos.
Destaca a audición do Xoves ás 20h de alumnos de 8º Curso que rematan a súa formación musical na Escola e que ofrecerán, entre outras, varias pezas preparadas por eles mesmos.
O LUNS 16 de Xuño os máis cativos da Escola actuarán no CSC. D. Castelao no FESTIVAL de INICIACION que clausura a súa programación anual.
A entrada ós diferentes concertos é de balde ate completar aforo. Non as perdades...!
xoves, 22 de maio de 2014
CONTO MUSICAL PARA NENOS E NENAS
OS VINDEIROS 28 e 29 de MAIO a ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA sae cos Instrumentos e cunha Historia Musical sobre o mundo das Emocións. A través da música os Escolares de todos os Centros do Municipio explorarán as emocións e sensacións que a diario viven sen, moitas das veces,percatarse. Enfado, cansazo, nerviosismo, alegría, amor e algúns outros, son sentimentos que poden asociarse ó "carácter" musical. Por medio desta historia os nenos e nenas aprenderán a descubrir, diferenciar e valorar mellor as súas emocións e a asocialas á arte da música, atopar contidos "escondidos" nas melodías e a darlle máis sentido á escoita musical.
Serán 1050 nenos e nenas de 4 a 10 anos de idade que acudirán ás 7 sesións programadas e organizadas polos profesores e alumnos da EMMM, e que ven a supoñer un dos puntos fortes da programación anual do Centro.
A asistencia é limitada e está previamente concertada cos Colexios.
luns, 12 de maio de 2014
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Tarde máxica de música e poesía na Carballeira de San Martiño. Os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música e da Escola Municipal de Música Tradicional deleitaron ós presentes cunha selección de repertorio pensado para a ocasión. Despois de escoitar a todos os músicos xuntos pasamos a deleitarnos con unha merenda de despedida organizada polas nais, pais e os propios rapaces e rapazas. Que sexa por moitos anos...
O VINDEIRO VENRES 16 de MAIO a ESCOLA DE MUSICA TRADICIONAL e A NOSA ESCOLA celebran o DIA DAS LETRAS GALEGAS, adicado a Xosé María Díaz Castro cun Concerto "Romeiría" na Carballeira da Reitoral de S. MARTIÑO, actual sede da Escola MUNICIPAL DE MUSICA.
SERÁ ÁS 19h cando comece a música para pasar logo á merenda xa habitual entre as dúas escolas. Podedes colaborar achegando algo para picar. NON FALTEDES...!
luns, 7 de abril de 2014
ABERTO PRAZO PAGO 3º TRIMESTRE
ABERTO PRAZO PARA O PAGO DO 3° TRIMESTRE:
do 1 ó 16 de Abril pago no Concello ou no BBVA.
nº de Conta ES78 0182 6246 30 0201500396
Imprescindible achegar xustificante do pago à escola.
En caso de dúbida consultar cotas na pestana superior:
"MATRICULA"
370Kg de SOLIDARIEDADE
Os nenos son solidarios por natureza, os músicos tamén.
OS NEN@S MÚSICOS SON DOBLEMENTE SOLIDARIOS...!
370KG de solidariedade, 370 grazas!! e outro reto
conseguido...bravo rapac@s!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













